Ir al contenido principal

Entradas

CHEGOU O VERÁ!!!!

Boas familias! E despois destes meses tan extraordinarios por toda a situación vivida, este curso chegou ao seu fin. Quero dar as grazas as miñas compañeiras polas diferentes ideas e polas colaboracións que fixemos directa ou directamente e que tiveron un reflexo neste blogue. Ao meu compañeiro Romu, por axudarme con toda a parte técnica do blogue xa que foi unha axuda moi importante. Pero sobre todo quero darvos as grazas a vos! A tódalas familias que estivéstedes ao outro lado da pantalla  e puxestes en práctica algunha das actividades que vos propuxen. Estes meses aproveitarei para descansar e desfrutar dos meus, pero tamén, para investigar e mergullarme na rede para aprender cousas novas e realizar materiais novos de cara ao curso que ven. Vémonos en Setembro! Desfrutade do verán!   Unha aperta,  a profe Fani.

RODA DE PALABRAS

Boas familias! O que me permitiu esta cuarentena foi poder mergullarme en internet e atopar a moitas compañeir@s que comparten materiais que crean para as súas aulas dun xeito altruísta e que algunhas son verdadeiros tesouros para aprender e divertirse. Esta semana quero compartir con vos un destes recursos que me ten namorada e que sen dúbida me parece un material precioso para traballar a conciencia fonolóxica. Este material está creado por @mestraambclasse e anímovos a tod@s os que tendes nen@s a partires de 5 anos que empezan coa lectoescritura ou máis maiores que xa a teña adquirida a facer e utilizar este material. Déixovos o vídeotitorial do seu canal de Youtube que explica moi ben como creala. E anímovos a seguir tanto o seu perfil en instagram @mestraambclasse como o seu canal en Youtube co mesmo nome porque ten cousas moi divertidas. Espero que vos guste!

BOTELLAS SENSORIAIS

Boas Familias! Hoxe traio un vídeo para que fagades na casa dunha maneira sinxela e con cousiñas que teñades a man diferentes exemplos de botellas sensoriais. A primeira e unha botella da calma, gústame moito e sempre procuro ter unha na miña aula, xa que polo xeral gústalles e axúdaos a relaxarse. Téñoa utilizado tamén con nen@s que non teñen linguaxe e é impresionante ver a cariña de emoción que poñen. As botellas sensorias son un gran recurso para estimular aos nosos fillos, sinxelas e rápidas de facer e que nos permiten pasar unha tarde bastante entretida. Cos máis maiores dependendo do que lle poñades dentro podedes facer incluso xogos.  Espero que vos guste! Un biquiño. (Premede na imaxe para ver o vídeo)

FANI RECOMENDA....

Nesta entrada quero facervos diferentes recomendacións de blogues ou canais de compañeiros que están facendo uns traballos moi bos e entretidos, xa que se achegan ás vacacións de verán  e ides ter máis tempo libre para dedicalo a tarefas de lecer. Premede nas imaxes para acceder aos blogues e canais.  LAS PALABRAS EXTRAORDINARIAS: este blogue e de Sara unha mestra de AL que nos deixa un pedaciño dela en cada entrada que fai. Se vos mergullades un pouco podedes atopar dende a técnica lettering, escritura creativa ou mesmo unha receita de tortitas. Non ten desperdicio, botádelle un ollo! O seguinte que vos quero recomendar e o Canal de Youtube de Javier Prado Espiñeira (AL). Nesta cuarentena o meu compañeiro Javier que ademais de mestre de Audición e Linguaxe e un gran músico creou no seu canal un apartado con diferentes enigmas do libro “Enigmas. Desafía tu mente con 25 historias de misterio” para que os nenos os resolvan. Se o que vos gusta é a música en galego, non podedes deixar de v

ABECEDARIO CON TAPÓNS

Boas familias! Levo uns días sen colgar nada porque a verdade e que a semana pasada foi unha locura, pero espero voltar a normalidade e poder ensinarvos cousiñas máis a miúdo. Hoxe tráiovos unha actividade que espero que vos guste moito porque a verdade e que eu tanto para ás miñas sesións como para xogar na casa sácolle moito partido a este material caseiro. Trátase do abecedario en tapóns, eu no meu caso, levo tempo gardando os tapóns dos envases do leite xa que son brancos e dun tamaño bastante axeitado. Para facer este material so necesitaremos: Tapóns (que deberedes comezar a xuntar durante un tempo, ata que consideredes que xa tendes dabondo). Rotuladores permanentes (comprobade que sirvan para escribir en plástico). Recipiente para gardalos. No meu caso utilicei un tarro de plástico que usaba para gardar as cápsulas de café e que tiña baleiro pero podedes utilizar dende caixas de cartóns, botes baleiros de cacao para almorzar, bolsa de tea, latas baleiras de galletas…ou calquer

HISTORIAS PARA SER CONTADAS

Boas familias! Na publicación de hoxe preséntovos tres imaxes (do grupo Anaya) nas que se vos fixades aparece unha historia. Propóñovos o seguinte: para os máis pequechos deberedes de ver ás imaxes e pensar qué é o que lle pode estar ocorrendo a nosa protagonista e cómo soluciona o problema. Unha vez que o teñades pensado… contarnos a historia!.  Podedes xogar máis de un e por quendas un comeza a contar a historia e os demais  vana continuando segundo as imaxes e o que dixo a persoa na quenda anterior.  Outra idea e que por parellas un comece contando a historia e o outro conte o final da historia que a súa parella comezou! Seguro que vos quedan historias moi diferentes e divertidas! Se xa sodes maiores e sabedes escribir ven en vez de facer estes xogos de maneiro oral podédelos facer escribíndoos nun caderno vello que teñades  pola casa. Espero que vos resulte divertidas! Unha aperta

DACTILOLÓXICO I: VOGAIS- M- P- L- D- S.

Boas familias! Hoxe publico o primeiro dos tres vídeos que vou a facer co dactilolóxico. Para quen non no saiba o dactilolóxico é o abecedario en Lengua de Signos Española (LSE). Fai tempo que comprobei que proporcionarlle aos nen@s unha asociación visual a un son ten moitos beneficios, tanto cando mostraban dificultades na fala, como cando as dificultares eran na lectura. Pero co paso dos anos  puiden ver que o  traballo deste xeito tamén beneficia ao alumnado sen dificultades. Optei pola utilización do dactilolóxico polo seu coñecemento, xa que estes abecedario e máis sinxelo de atopar e utilizar polas familias ou por recursos externos, unificando o traballo co nen@.  Con esta entrada pretendo que vos animedes a utilizalo cos vosos fill@s, xa que pode ser un gran apoio tanto para a discriminación de fonemas como para a aprendizaxe da lectoescritura. Fixádevos que no vídeo utilizo o son da letra e non o nome.  Achégovos dous enlaces que poden ser interesantes. Espero que vos sexa de u

QUE ESTÁ SOANDO?

Ola famílias! Hoxe tráiovos un xogo para os máis pequenos. Trátase de adiviñar qué é o que está soando, e no vídeo trabállanse sons de animais, a casa e a rúa. Traballar a discriminación auditiva de sons cotiás axudaralle aos nen@s a identificar o que escoitan ao seu arredor e a preparalos para a discriminación de fonemas (sons das letras). Outra forma de estimular a linguaxe é unha vez que adiviñen qué están escoitando, podedes xogar a imitar o que soou nese intre, traballando así as onomatopeas. O vídeo e do canal de youtube de Eugenia Romero e espero que vos guste!

XOGAMOS COA PLASTILINA ENFORNADA

Como xa vos adiantei, hoxe vouvos ensinar a maneira de aproveitar o abecedario que fixemos, propoñendo diferentes xogos para os máis pequenos e para máis maiores. XOGO 1 Para este xogo imos empregar unha bandexa ou caixa, no noso caso tíñamos lentellas pero tamén podedes utilizar, arroz, sal, azucre ou fariña. Os trazos, letras e números  de plastilina que fixemos  e xa podemos comezar!. Enchemos o fondo da caixa co que escolléramos para botarlle, unha capa fina que nos permita ao pasar o dedo que se vexa o debuxo. Podemos traballar a grafía tanto dos trazos como das diferentes letras ou números, para elo pasamos primeiro o dedo polo que vaiamos a traballar e a continuación terá que repetir a figura na nosa bandexa sensorial. No caso das letras podemos ir emitindo o son de cada fonema mentres realizamos a grafía e para os máis expertos podemos dicir palabras que comecen con ese son. Aquí vos deixo unha mostra da actividade! XOGO 2 Para este segundo xogo imos a bota

RETO DO SOPRO

Como xa sabedes estou en dous coles, uns días nun e outros días no outro. Hoxe a mestra María de infantil vainos propoñer un reto de sopro. A ver a quen lle sae!

ABECEDARIO DE PLASTILINA

Boas familias! Hoxe traiovos como aproveitar a plastilina casera que fixemos o outro día, creando coa axuda do forno, un abecedario de letras, números e algún trazo que nos vai a permitir xogar con eles sen que rompan, xa que, ó enfornar ás nosas letras van a quedar duriñas. Espero que vos divertades coa actividade! Premede na imaxe para ver o vídeo.

MOVENDO A LÍNGUA

E para mover un pouco a língua traiovos un vídeo moi divertido para que xoguedes a imitar ao noso amiguiño! Bo luns!

PLASTILINA CASEIRA

Ola a familias hoxe tráiovos cómo facer plastilina caseira con ingredientes que solemos ter pola casa. Queda con moi boa textura e é moi divertido amasala. Esta semana estade atent@s ao blogue porque ensinareivos cousiñas que fixemos con ela e o resultado, mentres tanto espero que vos animedes e que o pasedes ben coa receita. Premede na imaxe para ver como se fai.

CONSTRUIMOS UNHA PIZARRA

Nesta primeira entrada, aprenderedes a construir a vosa propia pizarra na que poderedes escribir cos  dedos. Podedes personalizala como máis vos guste, así que; "imaxinación ao poder". Animádevos a costruila e veredes que ben o pasades xogando e aprendendo. Premede no vídeo para ver como construila.

BENVIDA

Ola son a profe Fani  e quería darvos a benvida a este blogue no que aprenderedes xogando. Cada semana subirei un  vídeos para que podades construir as vosas ferramentas para aprender dunha forma máis divertida. Espero que vos guste.