Boas familias! E despois destes meses tan extraordinarios por toda a situación vivida, este curso chegou ao seu fin. Quero dar as grazas as miñas compañeiras polas diferentes ideas e polas colaboracións que fixemos directa ou directamente e que tiveron un reflexo neste blogue. Ao meu compañeiro Romu, por axudarme con toda a parte técnica do blogue xa que foi unha axuda moi importante. Pero sobre todo quero darvos as grazas a vos! A tódalas familias que estivéstedes ao outro lado da pantalla e puxestes en práctica algunha das actividades que vos propuxen. Estes meses aproveitarei para descansar e desfrutar dos meus, pero tamén, para investigar e mergullarme na rede para aprender cousas novas e realizar materiais novos de cara ao curso que ven. Vémonos en Setembro! Desfrutade do verán! Unha aperta, a profe Fani.
Blogue da profe Fani para estimular a linguaxe dos máis pequenos