Ir al contenido principal

XOGAMOS COA PLASTILINA ENFORNADA

Como xa vos adiantei, hoxe vouvos ensinar a maneira de aproveitar o abecedario que fixemos, propoñendo diferentes xogos para os máis pequenos e para máis maiores.

XOGO 1
Para este xogo imos empregar unha bandexa ou caixa, no noso caso tíñamos lentellas pero tamén podedes utilizar, arroz, sal, azucre ou fariña. Os trazos, letras e números  de plastilina que fixemos  e xa podemos comezar!.
  1. Enchemos o fondo da caixa co que escolléramos para botarlle, unha capa fina que nos permita ao pasar o dedo que se vexa o debuxo.
  2. Podemos traballar a grafía tanto dos trazos como das diferentes letras ou números, para elo pasamos primeiro o dedo polo que vaiamos a traballar e a continuación terá que repetir a figura na nosa bandexa sensorial.
  3. No caso das letras podemos ir emitindo o son de cada fonema mentres realizamos a grafía e para os máis expertos podemos dicir palabras que comecen con ese son.
Aquí vos deixo unha mostra da actividade!

XOGO 2
Para este segundo xogo imos a botar na nosa bandexa un pouco máis de lentellas (no noso caso) para que nos serva para tapar as letras. Trátase de cun pincel, ir desenterrando letras e realizando o xesto co dactilolóxico, o son da letra e dúas palabras que comecen con ela. Nos fixémolo coas vogais porque son as que coñece Emma pero podedes facelo con todas as que queirades! Para recoller, coa axuda dunha culler podemos traballar o trasvase das lentellas da bandexa a un bote.


XOGO 3 
Para este último xogo necesitamos:
  1. 1 bolsa opaca.
  2. As consoantes que fixemos de plastilina.
  3. Lapis e papel.
  4. Un temporizador de cociña, cronómetro, ou mesmo podemos baixarnos algunha aplicación gratuíta. Eu para as miñas sesións utilizo “Kids timer.
Metemos todas as consoantes na bolsa e por quendas imos sacando letras, eu puxen ata 5. Unha vez que tiñamos as 5 consoantes, poñeremos o temporizados en 2 minutos (se vedes que é moi pouco pola idade dos nen@s podemos ampliar este tempo). Gaña o que neses minutos constrúa máis palabras. Se algunha palabra está repetida con outro xogador en vez de valer un punto valerá só medio.


Espero que vos gustasen as miñas propostas e xa sabedes, aprender xogando e moito máis divertido!

Comentarios