Boas familias! Levo uns días sen colgar nada porque a verdade e que a semana pasada foi unha locura, pero espero voltar a normalidade e poder ensinarvos cousiñas máis a miúdo. Hoxe tráiovos unha actividade que espero que vos guste moito porque a verdade e que eu tanto para ás miñas sesións como para xogar na casa sácolle moito partido a este material caseiro. Trátase do abecedario en tapóns, eu no meu caso, levo tempo gardando os tapóns dos envases do leite xa que son brancos e dun tamaño bastante axeitado. Para facer este material so necesitaremos:
- Tapóns (que deberedes comezar a xuntar durante un tempo, ata que consideredes que xa tendes dabondo).
- Rotuladores permanentes (comprobade que sirvan para escribir en plástico).
- Recipiente para gardalos. No meu caso utilicei un tarro de plástico que usaba para gardar as cápsulas de café e que tiña baleiro pero podedes utilizar dende caixas de cartóns, botes baleiros de cacao para almorzar, bolsa de tea, latas baleiras de galletas…ou calquer outro recipiente que teñades pola casa baleiro.
Agora o único que tendes que facer e escribir tódalas letras que queirades nos tapóns. E xa está listo o noso material!
Agora só tedes que botarlle imaxinación pero…para os que vos guste algunha idea de actividade aquí vos deixo algunha:
Taboleiro de nomes: Trátase de anacos de cartón de caixas que nos serviran a modo de taboleiro ou plantilla. Na casa, cómo está traballando o seu nome o nome de compañeiros e familiares aproveitamos para escribilos. É unha maneira de que coñece as letras dos diferentes nomes e as asocia ao seu son e grafía (apoiándonos sempre no dactilolóxico). Como vedes na foto están as letras debaixo e o nen@ terá que ir completando o nome. Tamén as podemos usar como xogo a modo de “Bingo” e que cada un teña un taboleiro cuxos nomes sumen o mesmo número de letras en total e por quendas ir sacando cada un unha letra sen mirar e gañaría o que antes complete o seu taboleiro.
Completa: Na seguinte actividade podemos utilizar xoguetes, obxetos reais da casa e podedes xogar por campos semánticos ou traballar vocabulario sen mais. Eu no exemplo que vos ensino na foto o que fixemos foi coller animais de xoguete e por baixo escrita a palabra se nas vogais, a nen@ terá que colocar as vogais para completar o nome dese animal. Podémolo facer así ou sen a primeira sílaba, faltándolle a última sílaba, as consoantes.
Que desorde!: como última proposta, tráiovos un xogo que consiste en ordear as letras dunha palabra. Na imaxe que eu vos presento ten como axuda que lle presentamos o obxeto (neste caso alimentos) pero tamén o podemos facer sen axuda visual, presentando só a palabra desordeada. Se temos irmáns nos que os dous teñen lectoescritura, podemos presentarlle en ringleira 5 palabras desordeadas a cada un e ver remata antes ou xogar en familia por equipos a ver cál é o equipo máis rápido en ordear as súas palabras.
Espero que vos gusten as miñas propostas e xa sabedes… IMAXINACIÓN AO PODER! Se se vos ocorre algún xogo máis podedes deixar propostas ou se vos gustou nos comentarios. Saúdos.
Comentarios
Publicar un comentario
Si comentades dende perfil anónimo, lembrade identificarvos nos comentarios. Grazas.