Ir al contenido principal

DACTILOLÓXICO I: VOGAIS- M- P- L- D- S.



Boas familias! Hoxe publico o primeiro dos tres vídeos que vou a facer co dactilolóxico. Para quen non no saiba o dactilolóxico é o abecedario en Lengua de Signos Española (LSE). Fai tempo que comprobei que proporcionarlle aos nen@s unha asociación visual a un son ten moitos beneficios, tanto cando mostraban dificultades na fala, como cando as dificultares eran na lectura. Pero co paso dos anos  puiden ver que o  traballo deste xeito tamén beneficia ao alumnado sen dificultades. Optei pola utilización do dactilolóxico polo seu coñecemento, xa que estes abecedario e máis sinxelo de atopar e utilizar polas familias ou por recursos externos, unificando o traballo co nen@.  Con esta entrada pretendo que vos animedes a utilizalo cos vosos fill@s, xa que pode ser un gran apoio tanto para a discriminación de fonemas como para a aprendizaxe da lectoescritura. Fixádevos que no vídeo utilizo o son da letra e non o nome.


 Achégovos dous enlaces que poden ser interesantes. Espero que vos sexa de utilidade e animádevos a deixar os vosos comentarios ou dúbidas! Saúdos.

Neste enlace ademais de recoller o alfabeto dactilolóxico danos información, entre outras cousas, sobre cando se utiliza o dactilolóxico na Linguaxe de Signos ou como se articula.

Neste outro enlace, poderedes atopar un banco de imaxes e signos da LSE. Ademais do dactilolóxico que vos adxuntei se entrades nesta web tedes vídeos de como se articula cada fonema e do seu movemento no caso de que o teña:

Ademáis para descargar o alfabeto dactililóxico, premede na seguinte imaxe:


Comentarios