Boas familias! Na publicación de hoxe preséntovos tres imaxes (do grupo Anaya) nas que se vos fixades aparece unha historia. Propóñovos o seguinte: para os máis pequechos deberedes de ver ás imaxes e pensar qué é o que lle pode estar ocorrendo a nosa protagonista e cómo soluciona o problema. Unha vez que o teñades pensado… contarnos a historia!. Podedes xogar máis de un e por quendas un comeza a contar a historia e os demais vana continuando segundo as imaxes e o que dixo a persoa na quenda anterior. Outra idea e que por parellas un comece contando a historia e o outro conte o final da historia que a súa parella comezou! Seguro que vos quedan historias moi diferentes e divertidas! Se xa sodes maiores e sabedes escribir ven en vez de facer estes xogos de maneiro oral podédelos facer escribíndoos nun caderno vello que teñades pola casa. Espero que vos resulte divertidas! Unha aperta
Blogue da profe Fani para estimular a linguaxe dos máis pequenos
Comentarios
Publicar un comentario
Si comentades dende perfil anónimo, lembrade identificarvos nos comentarios. Grazas.