Ir al contenido principal

BOTELLAS SENSORIAIS


Boas Familias! Hoxe traio un vídeo para que fagades na casa dunha maneira sinxela e con cousiñas que teñades a man diferentes exemplos de botellas sensoriais. A primeira e unha botella da calma, gústame moito e sempre procuro ter unha na miña aula, xa que polo xeral gústalles e axúdaos a relaxarse. Téñoa utilizado tamén con nen@s que non teñen linguaxe e é impresionante ver a cariña de emoción que poñen. As botellas sensorias son un gran recurso para estimular aos nosos fillos, sinxelas e rápidas de facer e que nos permiten pasar unha tarde bastante entretida. Cos máis maiores dependendo do que lle poñades dentro podedes facer incluso xogos.  Espero que vos guste! Un biquiño.
(Premede na imaxe para ver o vídeo)

Comentarios