Nesta entrada quero facervos diferentes recomendacións de blogues ou canais de compañeiros que están facendo uns traballos moi bos e entretidos, xa que se achegan ás vacacións de verán e ides ter máis tempo libre para dedicalo a tarefas de lecer. Premede nas imaxes para acceder aos blogues e canais.
LAS PALABRAS EXTRAORDINARIAS: este blogue e de Sara unha mestra de AL que nos deixa un pedaciño dela en cada entrada que fai. Se vos mergullades un pouco podedes atopar dende a técnica lettering, escritura creativa ou mesmo unha receita de tortitas. Non ten desperdicio, botádelle un ollo!
O seguinte que vos quero recomendar e o Canal de Youtube de Javier Prado Espiñeira (AL). Nesta cuarentena o meu compañeiro Javier que ademais de mestre de Audición e Linguaxe e un gran músico creou no seu canal un apartado con diferentes enigmas do libro “Enigmas. Desafía tu mente con 25 historias de misterio” para que os nenos os resolvan.
Se o que vos gusta é a música en galego, non podedes deixar de visitar o canal de Youtube da mestra de música e vocalista do grupo “Mama Cabra”, Gloria
Para os máis pequech@s da casa recomendo o blogue das mestras de Infantil de Sigrás xa que nel atoparedes moitas actividades manipulativas para aprender xogando.
E xa por último gustaríame que lle botárades un ollo ao Canal de Youtube de Teca de Brexo Lema. Este canal naceu gracias ao amor que sentimos polos contos, xa que durante todo este tempo e coas bibliotecas tanto municipais como escolares e librerías pechadas, non queríamos que os nosos nen@s quedasen sen escoitar novos contos. Nesye canal atoparedes tanto contos en galego como contos en castelán.
Comentarios
Publicar un comentario
Si comentades dende perfil anónimo, lembrade identificarvos nos comentarios. Grazas.